Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O pasado venres, co gallo da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebrou o 3 de decembro, tivemos a gran sorte de contar no noso centro cunhas invitadas marabillosas do centro residencial E.V.D. Galicia de Crecente. Xuntos co noso alumnado, decoraron uns fermosos paraugas cos que participamos no concurso "Baixo o mesmo paraugas", que se celebrou o pasado domingo en Vigo co obxectivo de reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade. 

Foi unha actividade moi emocionante e enriquecedora onde puxemos en valía a importancia da diversidade e a tolerancia e o respecto cara todas as persoas.



Comentarios

Entradas populares de este blog

E chegou o Entroido!