Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2023

Feliz Nadal!

Imagen
Este xoves celebramos o Nadal bailando, cantando e cos nosos mellores desexos! E, para rematar, desfrutamos cunha saborosa chocolatada!

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Imagen
O pasado venres, co gallo da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebrou o 3 de decembro, tivemos a gran sorte de contar no noso centro cunhas invitadas marabillosas do centro residencial E.V.D. Galicia de Crecente. Xuntos co noso alumnado, decoraron uns fermosos paraugas cos que participamos no concurso "Baixo o mesmo paraugas", que se celebrou o pasado domingo en Vigo co obxectivo de reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade.  Foi unha actividade moi emocionante e enriquecedora onde puxemos en valía a importancia da diversidade e a tolerancia e o respecto cara todas as persoas.