Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2020

PRIMEIRA EDICIÓN DO CONCURSO DE CHISTES DO CEIP ANTONIO CARPINTERO

Imagen
 O Nadal é sinónimo de alegría, de ilusión, de familia, de amizade....pero no CEIP Antonio Carpintero, tamén é sinónimo de diversión! O pasado martes 22 celebrouse un concurso de chistes onde participou todo o alumnado de primaria...Aquí vos deixamos os mellores chistes!

O 22 DE DECEMBRO TAMÉN HOUBO SORTEOS NO NOSO COLE...

Imagen
 Pois este ano decidimos dinamizar o último día de clase celebrando o sorteo de dúas fantásticas cestas de nadal entre o alumnado do noso cole... Que mellor premio para un alumnado tan bo como o noso? Noraboa a Brais e a Aroa! Aquí deixamos o sorteo. Non tivemos notario pero si que houbo testemuñas de que fomos totalmente xusto ;) E velaquí os gañadores...

INICIÁMONOS NO MUNDO DA ROBÓTICA...

Imagen
 Para rematar o trimestre, o alumnado do CEIP Antonio Carpintero realizou uns obradoiros moi dinámicos e divertidos onde fixo unha primeira toma de contacto co mundo da robótica e da programación. A experiencia foi fabulosa, polo que teremos que ir pensando en facer algunha xornada máis para estes futuros enxeñeiros e enxeñeiras...

BO NADAL!!!

Imagen
 O claustro e o alumnado do CEIP Antonio Carpintero desexámosvos que pasedes un Bo Nadal e un próspero aninovo! FELICES FESTAS!

LECTURAS RECOMENDADAS!!

Imagen
 Como cada ano, dende o CEIP Antonio Carpintero facemos recomendacións literarias para que nenos (e non tan nenos) poidan viaxar durante o vindeiro 2021. Agardamos que vos gusten e.... BO NADAL! 

NÓS SOMOS OS QUE TEMOS QUE ESTAR AGRADECIDOS...

Imagen
 Esta mañá recibimos no mail do cole unha fantástica sorpresa , pois dende o CHUO de Ourense nos mandaron outro marabilloso vídeo nos que nos ensinan con moito detalle a planta decorada coas nosas tarxetas, carteis, murais e manualidades e, por se fora pouco, as traballadoras desta planta nos deixan unha mensaxe de agradecemento. Falo en nome de todos cando digo que GRAZAS A VÓS! Grazas a vós por permitirnos participar nesta iniciativa tan bonita, grazas a vós por axudarnos a ser mellores persoas e grazas a vós por loitar día tras día para poder levantarnos desta situación tan difícil que estamos a vivir. DENDE O CEIP ANTONIO CARPINTERO DESEXÁMOSVOS UNHAS FELICES FESTAS!

VOLTARÁN OS BICOS E AS APERTAS!!

Imagen
 Hai situacións coas que aprendemos moitos contidos, hai éxitos que nos reconfortan enormemente pero hai iniciativas que nos fan mellores persoas.  Dende o cole de Arbo, neste ano tan complicado, decidimos apostar por compartir o espírito do nadal con aqueles que están a pasar momentos difíciles e xurdiu a oportunidade de aportar o noso granciño de area para intentar facer máis levadeiro o nadal aos traballadores/as (moitas grazas) e pacientes da "Quinta Norte" do CHUO de Ourense.  Todos o alumnado e profesorado do CEIP Antonio Carpintero colaborou para dar un toque de cor á planta de pacientes COVID-19 do Hospital de Ourense. Cando recibimos este vídeo de agradecemento saltáronse as bágoas e sentimos unha calor especial no peito. Esperemos que vos guste tanto coma a nós MOITAS GRAZAS Á QUINTA NORTE!  MOITAS GRAZAS AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS QUE LEVAN LOITANDO TANTOS MESES!  MOITAS GRAZAS AO ALUMNADO E PROFESORADO DO COLE DE ARBO! MOITÍSIMO ÁNIMO AOS PACIENTES, TODO VA

FORTES, VALENTES E INTELIXENTES!! NO COLE DE ARBO TODOS OS DÍAS SON 25 DE NOVEMBRO!

Imagen
Como ben sabedes, o 25 de novembro celébrase o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. No CEIP Antonio Carpintero, día tras día traballamos para que as nosas nenas e os nosos nenos teñan claro que a igualdade non é cousas dun día senón de todos os días. Independentemente disto e como non podía ser doutro modo, o 25 de novembro tamén o traballamos...Aquí vos deixamos unha mostra! E como neste cole non perdemos o ánimo e o bo humor a pesares das limitacións e do distanciamento social, xuntos cantamos e bailamos esta bonita canción onde se nos recorda que todas e todos podemos ser fortes, valentes e intelixentes e que estos adxectivos non teñen xénero masculino ou feminino!