VOLTARÁN OS BICOS E AS APERTAS!!

 Hai situacións coas que aprendemos moitos contidos, hai éxitos que nos reconfortan enormemente pero hai iniciativas que nos fan mellores persoas. 

Dende o cole de Arbo, neste ano tan complicado, decidimos apostar por compartir o espírito do nadal con aqueles que están a pasar momentos difíciles e xurdiu a oportunidade de aportar o noso granciño de area para intentar facer máis levadeiro o nadal aos traballadores/as (moitas grazas) e pacientes da "Quinta Norte" do CHUO de Ourense. 

Todos o alumnado e profesorado do CEIP Antonio Carpintero colaborou para dar un toque de cor á planta de pacientes COVID-19 do Hospital de Ourense. Cando recibimos este vídeo de agradecemento saltáronse as bágoas e sentimos unha calor especial no peito. Esperemos que vos guste tanto coma a nós

MOITAS GRAZAS Á QUINTA NORTE! 

MOITAS GRAZAS AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS QUE LEVAN LOITANDO TANTOS MESES! 

MOITAS GRAZAS AO ALUMNADO E PROFESORADO DO COLE DE ARBO!

MOITÍSIMO ÁNIMO AOS PACIENTES, TODO VAI SAÍR BEN!

E DE SEGURO QUE VOLTARÁN OS BICOS AS APERTAS!

BO NADAL A TOD@S!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Coroa e receita de Samaín!

E chegou o Entroido!

Romaría das Letras Galegas