NÓS SOMOS OS QUE TEMOS QUE ESTAR AGRADECIDOS...

 Esta mañá recibimos no mail do cole unha fantástica sorpresa , pois dende o CHUO de Ourense nos mandaron outro marabilloso vídeo nos que nos ensinan con moito detalle a planta decorada coas nosas tarxetas, carteis, murais e manualidades e, por se fora pouco, as traballadoras desta planta nos deixan unha mensaxe de agradecemento.

Falo en nome de todos cando digo que GRAZAS A VÓS! Grazas a vós por permitirnos participar nesta iniciativa tan bonita, grazas a vós por axudarnos a ser mellores persoas e grazas a vós por loitar día tras día para poder levantarnos desta situación tan difícil que estamos a vivir.


DENDE O CEIP ANTONIO CARPINTERO DESEXÁMOSVOS UNHAS FELICES FESTAS!





Comentarios

Entradas populares de este blog

E chegou o Entroido!