Cros escolar!
O alumnado de terceiro, cuarto e sexto de Primaria tivo a oportunidade este mércores de participar no cros provincial do programa Xogade en Zamáns (Vigo).
Pasamos unha xornada fabulosa e o tempo deixounos gozar dun día de convivencia con moitos outros coles da provincia. Parabéns a todos os participantes, independentemente do posto en que quedaron, porque as ganas e o esforzo valeron a pena.
Comentarios
Publicar un comentario