Rosalía é mundial!

Para conmemorar este curso o Día de Rosalía (23 de febreiro), decidimos traducir diferentes poemas da escritora ás distintas linguas que se falan na nosa comunidade educativa. Grazás á colaboración das familias, do persoal non docente, profesorado e alumnado contamos cun total de nove poemas traducidos e recitados a linguas como o catalán, portugués, italiano, ruso, romanés ou francés. O que nos vén a demostrar que Rosalía de Castro é mundial e que, como dicía nun dos seus poemas máis famosos "en todo estás e ti es todo".

Podedes escoitar as versións orixinais coas súas traducións no seguinte enlace.  Moitas grazas pola colaboración de tod@s neste proxecto!

AUDIOS POEMAS ROSALÍA                               

                 



Comentarios

Entradas populares de este blog

Coroa e receita de Samaín!

Chegou o Magosto!