Entradas

Día da Paz e a Non Violencia.

Imagen
  O 30 de xaneiro festexamos o día da Paz e a Non Violencia. Tod@s @s alumn@s do cole quixeron poñer un pouquiño da súa parte para elaborar un vídeo musical coa canción POLO DEPORTE Á PAZ. Esta canción lémbranos a importancia que ten a amizade, o compañeirismo e traballar xunt@s para ser felices na nosa vida. Noraboa a tod@s e a mestra Isa polo gran esforzo!

APRENDEMOS A CONVIVIR, CONVIVIMOS APRENDENDO

Imagen
 O pasado mércores 26 (e continuaremos o vindeiro mércores día 2) o alumnado de cuarto e quinto do cole tivo un fantástico obradoiro para produndizar sobre as habilidades sociais, un contido fundamental que constitúe un pilar básico da formación nos nosos alumnos. Agradecemos, coma sempre, a colaboración do Concello e do Centro Engloba por facer máis sinxela a organización deste tipo de iniciativas

ESTAMOS DE CAMPAÑA....

Aproveitando o tema de sociais: "O Concello", os grafiteros de terceiro decidimos facer a nosa elección de delegado. Presentamos as nosas candidaturas, o noso programa electoral, tivemos xornada de reflexión e, por suposto,  VOTAMOS!!

CELEBRANDO O NADAL...CON MOITO CONTO!

Imagen
 Este ano dende o CEIP Antonio Carpintero propuxemos este ano compartir tradición oral para celebrar o Nadal dunha maneira moi orixinal...aquí vos deixamos unha mostra da arte que teñen estas nenas e nenos!!  

LER EN NADAL!

Imagen
 Como cada ano, dende a biblioteca do CEIP Antonio Carpintero nos achegan recomendacións literarias para que facer a carta aos Reis Magos, Papá Noel ou o Apalpador sexa moito máis sinxelo...

TODOS SOMOS IGUAIS....A NON VIOLENCIA TRABÁLLASE NAS AULAS (25N)

Imagen
 Dende infantil tamén se sentan as bases para a non violencia e para unha mostra esta marabillosa manualidade para recordar que "todos somos iguais"

A NON VIOLENCIA TRABÁLLASE NAS AULAS (25N)

Imagen
Polo Día Internacional contra a violencia de xénero fixemos infinidade de actividades....O alumnado de terceiro visionou "o lápis máxico de Malala", no que traballaron a igualdade, a coeducación e todos os valores necesarios para formar as boas persoas. Descubriron tamén que Malala é inspiración, loitadora, esperanza e un exemplo moi positivo para tod@s. Ademais disto, e xunto co alumnado de cuarto curso, fixeron un fabuloso mural... Antes de facelo leron un conto: As orellas de bolboreta, e a través del fixeron as actividades de "como me ven os demais?", que quedou escrito en cada un dos pétalos da súa flor. Que mellor traballar dende cativos as cousas positivas que temos para evitar a violencia?