Entradas

Dia de Rosalía

Imagen
Celebramos o día de Rosalía recitando algúns dos seus poemas!  

Rosalía é mundial!

Imagen
Para conmemorar este curso o Día de Rosalía (23 de febreiro), decidimos traducir diferentes poemas da escritora ás distintas linguas que se falan na nosa comunidade educativa. Grazás á colaboración das familias, do persoal non docente, profesorado e alumnado contamos cun total de nove poemas traducidos e recitados a linguas como o catalán, portugués, italiano, ruso, romanés ou francés. O que nos vén a demostrar que Rosalía de Castro é mundial e que, como dicía nun dos seus poemas máis famosos "en todo estás e ti es todo". Podedes escoitar as versións orixinais coas súas traducións no seguinte enlace.  Moitas grazas pola colaboración de tod@s neste proxecto! AUDIOS POEMAS ROSALÍA                                                  

En sexto estamos orgullosas e orgullosos!

Imagen
Nenas e nenos de sexto de Primaria estamos orgullosos de moitas cousas, sobre todo da nosa lingua, da escola, da nosa terra...

Cros escolar!

Imagen
O alumnado de terceiro, cuarto e sexto de Primaria tivo a oportunidade este mércores de participar no cros provincial do programa Xogade en Zamáns (Vigo).  Pasamos unha xornada fabulosa e o tempo deixounos gozar dun día de convivencia con moitos outros coles da provincia. Parabéns a todos os participantes, independentemente do posto en que quedaron, porque as ganas e o esforzo valeron a pena. Fotos da actividade

Formigas que brillan

Imagen
Durante o mes de xaneiro, as formigas gozaron co conto O peixe arcodavella e aprenderon que "se compartes o teu brillo, brillamos todas".

Día da Paz!

Imagen
Hoxe celebramos o Día da Paz, acompañados de ilustres pacifistas e das súas necesarias reflexións. Para rematar o acto todas e todos cantamos "Tu enemigo", canción de Pablo López.                                                                                                                                                                                               

Primeiros Auxilios!

Imagen
Durante as dúas últimas semanas, o alumnado de Educación Infantil e Primaria desenvolveu unha situación de aprendizaxe centrada nos primeiros auxilios aproveitando o material prestado polo CEFORE.  Os escolares tiveron a oportunidade de adquirir coñecementos básicos sobre como actuar ante emerxencias comúns. Esta iniciativa, enmarcada nas áreas de Psicomotricidade e Educación Física, busca fomentar nos máis pequenos unha conciencia cívica e unha responsabilidade ante o benestar propio e dos demais.